Cultura, natureza e innovación rural en Galicia
O proxecto
Muíño Colab é un proxecto de revitalización rural que busca recuperar un antigo muíño de auga galego como espazo vivo de encontro, creación e colaboración entre cultura, natureza e comunidade.
A través de actividades culturais, residencias, formación e iniciativas ambientais vinculadas ao territorio, o proxecto promove novas formas de participación, intercambio e dinamización sostible no medio rural.

Piares principais do proxecto

Cultura e creación
Impulsamos actividades culturais, residencias artísticas e espazos de intercambio creativo que conectan tradición, arte contemporánea e identidade local, promovendo a cultura como ferramenta de encontro, expresión e transformación social.

Sustentabilidad e enerxias renovables
Muíño Colab desenvólvese arredor dun muíño off-grid baseado ao 100% en enerxías renovables, promovendo prácticas responsables vinculadas á transición ecolóxica, á conservación do entorno natural e á relación sostible co territorio e os seus recursos.

Comunidade e revitalización rural
Fomentamos a participación cidadá, o traballo colaborativo e a creación de vínculos entre persoas, colectivos e xeracións diversas, contribuíndo á recuperación e dinamización do medio rural a través da cultura, o patrimonio e as iniciativas comunitarias.

Colaboración e intercambio
Muíño Colab busca tecer redes de colaboración con outras iniciativas culturais, ambientais e comunitarias, favorecendo o intercambio de coñecementos, experiencias e boas prácticas tanto a nivel local como internacional.
Póngase en contacto con nosotros
Teléfono: +34 690397832
Correo electrónico: muinhocolab@gmail.com
Dirección: Lugar de Mondoi, Porzomillos, Oza Cesuras, A Coruña.